A nova normativa de Arteixo obriga a baleirar unha vez ao ano os pozos negros

Publicación en La Voz de Galicia

28 de outubro de 2015. Un cambio de normativa do Concello de Arteixo permitirá realizar un censo de todos os pozos negros e fosas sépticas do municipio, co obxectivo de ter “un maior control na depuración de augas”, segundo recolle La Voz de Galicia na súa edición local. A ordenanza obrigará a baleirar unha vez ao ano os pozos negros das vivendas, cuxos residuos irán ás instalacións de Edar Bens SA para o seu axeitado tratamento. José Ramón Amado, concelleiro de Obras e Servizos de Arteixo, estima “nun milleiro” o número de pozos negros existentes no municipio. “O que se pretende é que haxa unha depuración correcta para que non se contaminen os acuíferos”, explicou José Ramón Amado.

De xeito complementario, controlaranse as fosas sépticas e será necesaria a realización dunha analítica cada ano como forma de verificación da correcta depuración das augas. Arteixo é un dos cinco concellos que colaboran na xestión de Edar Bens SA, xunto aos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Nova completa:

Arteixo obrigará a baleirar unha vez ao ano os pozos negros das casas

2018-10-18T17:55:19+01:0028/10/2015|Actualidade|0 comentarios