A investigación sobre o SARS-Cov-2 na Edar de Bens confirma a presenza de material xenético do virus nas augas residuais e a súa eliminación antes de saír ao mar

O proxecto de investigación posto en marcha pola empresa pública Edar Bens SA para analizar a presencia do SARS-Cov-2, causante da pandemia de COVID-19, nas augas residuais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros determinou que, si ben chega material xenético do virus á planta, este elimínase antes da súa saída ao mar, polo que queda descartada a súa temida diseminación ambiental na costa coruñesa.

Este era un dos obxectivos do proxecto de investigación que realiza un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos, enxeñeiros, matemáticos, informáticos e químicos- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA,  e cuxo fin principal consiste en analizar a carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens para coñecer a evolución real da epidemia xa que recolle datos de toda a poboación, incluíndo persoas que pasasen o COVID-19 sen sabelo. Ademais, o mantemento da toma de mostras no tempo permitirá estar alerta ante posibles repuntes de COVID-19.

Recentemente, o proxecto que se leva a cabo en Edar Bens SA foi convidado a sumarse á rede europea NORMAN de colaboración científica sobre augas residuais para colaborar nun estudo conxunto con plantas de tratamento de Francia, Noruega, Alemaña, Holanda, Holanda, Eslovaquia, Suiza, Suecia, etc.

Segundo explica a doutora Margarita Poza Domínguez, responsable do proxecto, “confirmados a presenza de material xenético de SARS-CoV-2 no sumidoiro da nosa comarca. Queda por determinar a integridade do virus e a súa capacidade infecciosa nestas augas residuais. En todo caso, podemos estar tranquilos porque a nosa depuradora retén a o material viral detectado e as augas regresan estériles ao mar, o cal resulta tranquilizador para todos os cidadáns”.

O estudo, no que Edar Bens SA investirá 50.000 euros, desenvolverase durante seis meses. Estanse tomando mostras de augas residuais en distintos puntos da cidade nas que se detectaron diferencias na carga viral.

Máis espumas e toalliñas

Por outra parte, o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, alertou de que se produciron un incremento de arredor dun 18% diario do volume de toalliñas que chegan á planta depuradora de Bens desde que comezou o confinamento obrigado pola pandemia do COVID-19.

“Entendemos que a cidadanía está usando máis este tipo de elementos refugables por motivos de hixiene e desinfección, pero é máis importante que nunca manter as boas prácticas e non tirar as toalliñas polo inodoro”, subliñou Lamora, quen recordou o perigo de que se produzan atascos na rede ou rebosamentos nun momento no que se confirmou a presenza do virus nas augas residuais, polo que o correcto funcionamento dun servizo esencial como é a depuración debe realizarse nas mellores condicións.

O responsable de Edar Bens SA destacou tamén que se multiplicou por dous a presenza de espumas nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana, unha circunstancia que está ligada directamente ao esforzo de limpeza e hixienización de superficies que está levando a cabo a poboación.

2020-05-05T11:27:01+01:0005/05/2020|Actualidade|Comentarios desactivados en A investigación sobre o SARS-Cov-2 na Edar de Bens confirma a presenza de material xenético do virus nas augas residuais e a súa eliminación antes de saír ao mar