A depuradora recibe a visita dun grupo de 30 alumnas do Colexio Montespiño

A Coruña, 31 de marzo de 2016. O programa de visitas didácticas de Edar Bens SA contou esta mañá coa participación dun grupo de 30 alumnas de 3º e 4º da ESO do Colexio Montespiño. As estudantes, acompañadas polas súas profesoras de Bioloxía e Química, interesáronse polo funcionamento da planta depuradora e polo papel fundamental que xoga no ciclo urbano da auga. As alumnas do centro educativo coruñés levaron como lembranza da súa visita un folleto didáctico e unha camiseta co logotipo de Edar Bens SA. Na súa visita ás instalacións, as mozas recibiron unha serie de consellos para unha xestión eficiente dos residuos e un uso responsable da auga, da man dos responsables dos distintos departamentos da planta depuradora.

Visita a EDAR BENS – 31 de marzo de 2016

2016-03-31T17:11:38+01:0031/03/2016|Visitas|0 comentarios