COMPROMISO COMPARTIDO
Edar Bens SA é a primeira empresa supramunicipal de Galicia, froito do consenso entre os Concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros para ofrecer a 400.000 habitantes un servizo público de calidade.
COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL
Dende a súa creación, Edar Bens SA contribúe de forma activa á protección e conservación do medio, ao uso sustentable dos recursos naturais e ao respecto ao medio mariño, un elemento chave para a economía de Galicia.
COMPROMISO CIDADÁN
Edar Bens SA aposta polo compromiso cos cidadáns e a divulgación de boas prácticas medioambientais. A colaboración de todos é chave para un mellor funcionamento dos servizos públicos, un uso racional dos recursos e unha xestión eficaz.