Coñece a planta

A EDAR de Bens é o punto final do ciclo urbano do auga. O lugar onde se devolve á natureza para que esta comece de novo o ciclo, logo de usarse nas casas e nas industrias.

Para explicar á cidadanía como se realiza este labor, Edar Bens SA organiza distintos programas de visitas:

  • ‘Eu colaboro coa Edar’. Persoal educativo formado por Edar Bens SA acode baixo demanda a centros de Educación Primaria da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, para concienciar aos máis cativos na protección do medio.
  • Visitas didácticas á planta depuradora. Para cidadáns (centros cívicos, asociacións e outros colectivos) e grupos de estudantes de educación secundaria e superior, Edar Bens SA organiza un programa de visitas á planta depuradora durante o curso escolar.

Apúntate aos nosos programas para coñecer máis sobre o proceso de depuración e como podes colaborar para aforrar auga e contribuír ao mellor funcionamento dun servizo público fundamental para a defensa do medio.

visita_la_planta

Eu colaboro coa Edar

O persoal educativo de Edar Bens SA acode a centros de Educación Primaria.

Solicitar

Visitas á planta

Para colectivos e estudantes de educación secundaria e superior.

Solicitar