Tel. 981 154 080 visitas@edarbens.es

Un proxecto colectivo

A empresa pública Edar Bens SA ten encomendado o servizo de depuración de augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Os cinco municipios xestionan de forma conxunta esta tarefa esencial para os cidadáns, conforme a criterios de sustentabilidade, respecto ao medio e optimización de custos, co obxectivo de ofrecer un servizo público de calidade aos 400.000 habitantes da área metropolitana coruñesa.

edar_alcaldes

Óscar García Patiño, alcalde de Cambre; Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros; Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña; Julio Sacristán, alcalde de Culleredo; e Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, nunha imaxe do 29 de setembro de 2015.

Un compromiso compartido

O 4 de decembro de 2013, os alcaldes dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros asinan na sede do Concello da Coruña a incorporación á empresa pública Edar Bens SA, co fin de xestionar de xeito conxunto a depuración das augas residuais, xestionando entre outras instalacións, a EDAR de Bens. Desta forma, Edar Bens SA convértese na primeira empresa supramunicipal de Galicia, froito do consenso entre cinco concellos de distinta cor política, para ofrecer a unha poboación que suma máis de 400.000 habitantes un servizo público de calidade realizado conforme a criterios de sustentabilidade, optimización de custos e respecto ao medio.

O acordo supón a adquisición, por parte de cada un dos concellos asinantes, dun número de accións da sociedade Edar Bens SA proporcional á súa poboación. Arteixo, Culleredo e Oleiros teñen cada un o 8% do capital social e Cambre o 7%. O 69% restante queda en mans da Coruña a través da súa empresa municipal de augas, Emalcsa.

escudo_coruna_gris
Superficie. 37,83 km2
Número de habitantes. 246.000
Alcalde. Xulio Ferreiro (Marea Atlántica)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • Xulio Ferreiro Baamonde (Alcalde)
  • María García Gómez (1ª Tenente de Alcalde)
  • Begoña Freire Vázquez (Concelleira)
  • Rosa María Lendoiro Otero (Concelleira)
  • María del Mar Barcón Sánchez (Concelleira)

Web. www.coruna.es

TORRE DE HÉRCULES
escudo_arteixo_gris
Superficie. 93,50 km2
Número de habitantes. 29.000
Alcalde. Carlos Calvelo (PP)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • José Ramón Amado de la Fuente (1º Tenente de Alcalde)

Web. www.arteixo.org

ARTEIXO Ponte dos Brozos
escudo_cambre_gris
Superficie. 41 km2
Número de habitantes. 23.600
Alcalde. Óscar García Patiño (UxC)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • Augusto Rey Moreno (1º Tenente de Alcalde)

Web. www.cambre.org

CAMBRE-Iglesia-de-Santa-María
escudo_culleredo_gris
Superficie. 63,30 km2
Número de habitantes. 26.600
Alcalde. Julio Sacristán (PSOE)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • Julio Sacristán de Diego (Alcalde)

Web. www.culleredo.es

CULLEREDO-Ría-del-Burgo
escudo_oleiros_gris
Superficie. 43,87 km2
Número de habitantes. 33.700
Alcalde. Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • María José Varela Neira (Concelleira)

Web. www.oleiros.org

OLEIROS Castillo de Santa Cruz

Un compromiso co medio

A EDAR de Bens é unha das depuradoras máis importantes de España. Deseñada coa tecnoloxía máis avanzada, a EDAR trata e depura cada día 130.000 metros cúbicos de augas residuais procedentes dos fogares e a industria da área metropolitana da Coruña para que poidan ser devoltas ao mar restablecendo o equilibrio ecolóxico. A propia EDAR opera conforme a criterios de sustentabilidade e utiliza para abastecerse parcialmente de enerxía eléctrica o biogás xerado durante o proceso de dixestión da lama.

A posta en marcha da EDAR supón o cumprimento das esixencias da Unión Europea en materia de depuración de augas residuais. Co seu funcionamento, contribúese de xeito activo á protección e conservación do medio, ao uso sustentable dos recursos naturais e ao respecto ao medio mariño, un elemento chave para a economía de Galicia.

As instalacións actuais están preparadas para asumir o crecemento urbano dos cinco municipios que comparten a súa xestión e poden chegar a dar servizo aos 600.000 habitantes que terá a área metropolitana coruñesa no ano 2030.

Un compromiso cidadán

Dende a súa creación, a empresa Edar Bens SA aposta polo compromiso cos cidadáns e a divulgación de boas prácticas para a protección do medio. A concienciación dos usuarios e a súa colaboración é chave para un mellor funcionamento dos servizos públicos, un uso racional dos recursos e unha xestión máis eficaz.

Dende unha vocación de transparencia na prestación de servizos, a empresa supramunicipal Edar Bens SA pon a disposición dos usuarios unha canle de comunicación para atender as súas preguntas e suxestións, e programa visitas guiadas á planta de Bens para coñecer mellor o proceso de depuración.

Ademais, dende Edar Bens SA póñense en marcha distintas iniciativas sociais, educativas e de investigación destinadas a afondar no compromiso da planta coa sociedade.