Proxecto TREFO

Edar Bens SA desenvolveu o proxecto TREFO para o tratamento e a rexeneración das correntes de retorno de augas residuais mediante o uso de novas tecnoloxías de depuración e aforro de enerxía. O obxectivo do proxecto foi reducir as elevadas cargas de nitróxeno e de materia orgánica presentes nas augas para diminuír os custos económicos e enerxéticos. Isto permite, ao mesmo tempo, xerar electricidade e unha solución con fósforo valorizable para o seu posterior emprego como fertilizante no sector agrícola.

Con este proxecto preténdese, ademais, avaliar a viabilidade económica, técnica e medioambiental do novo tratamento para a súa implementación nas depuradoras galegas.

TREFO contou cun orzamento de 2,3 millóns de euros e está subvencionado polo programa europeo Feder–Innterconecta, unha iniciativa do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), dependente do Ministerio de Industria.

No proxecto participaron Emalcsa, a Universidade de Vigo, Isolux Corsán, Macraut, Quantum, Grupo Soil, Fundació Bosch i Gimpera, CETIM, Aimen e a Universidad de León.

Galería. / Galería.