Proxecto Oval Pipe

Edar Bens SA acolle na depuradora de Bens a plataforma de ensaios do proxecto Oval Pipe, que desenvolve tubaxes ovoides –no canto das habituais de sección circular– para a mellora da eficiencia na rede de sumidoiros. As probas que se están a realizar na depuradora de Bens permiten analizar, baixo condicións controladas con auga residual urbana, o transporte de sedimentos en conducións con diferentes tipoloxías de sección.

O proxecto está financiado grazas ao programa europeo Feder-Innterconecta, unha iniciativa do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), dependente do Ministerio de Industria, que promove proxectos de I+D+i en cooperación de carácter estratéxico e dunha grande dimensión en áreas con proxección económica e comercial a nivel internacional.

No proxecto participan Emalcsa e a Universidade da Coruña, entre outros organismos e institucións.

Descargar PDF
OvalPipe