Tel. 981 154 080 visitas@edarbens.es

O ciclo da auga

O ciclo urbano da auga abrangue todos os procesos dende a súa captación na natureza ata a súa devolución ao medio natural unha vez utilizada nos fogares e as industrias.
A Edar de Bens é a última estación do ciclo urbano da auga da Coruña e a súa área de influencia, e nas súas instalacións trátase e depúrase para devolvela ao mar, mantendo o equilibrio ecolóxico e a protección da fauna mariña da nosa costa.

A agua que utiliza A Coruña e o seu contorno almacénase no pantano de Cecebre, ao que abastecen os ríos Mero e Barcés. Dende o encoro regúlase o caudal do río que leva a auga ata a instalación que a converterá en apta para o consumo humano.

Na ETAP da Telva lévanse a cabo os distintos procesos necesarios para a potabilización da auga: captación dende o río, desbaste dos elementos máis grosos que carrexa a auxa (ramas, follas…), decantación, filtración para unha clarificación perfecta da auga e finalmente cloración, para facela apta para o consumo humano.

A través deste conxunto de canalizacións e elementos de control trasládase a auga dende a ETAP ata os depósitos situados nos distintos concellos da área metropolitana.

Son o conxunto de canalizacións e outros elementos que partindo do depósito da auga chegan ata as acometidas domiciliarias.

Conxunto de canalizacións e outros elementos que permitan a evacuación das augas residuais, unha vez utilizadas nos fogares e nas industrias, ata as instalacións de depuración.

Na Edar trátase e depúrase a auga residual para devolvela ao mar a través do emisario de Bens.